A pasada fin de semana a Escola de música de Boiro, que xestiona Sonaxe, S. Coop Galega, participou na Noite Aberta. Esta iniciativa marca o inicio da campaña de Nadal, no noso concello.
Varios combos, dúos de piano e clarinete, unha peza de piano a catro mans e as pandereteiras da Escola mostráronos o traballo que están a realizar.