Enrique Paisal actuará o 1 de decembro no Culturgal

Ás 13:00, no patio da Casa da Cultura Galega, Enrique Paisal, Tocho e Iolanda Vázquez faranos desfrutar unha vez máis cas cancións recollidas no seu último traballo “Música”.

Invitámosvos a todos ao Pazo da Cultura de Pontevedra e así poder compartir con nós desta actuación ao tempo que coñecedes as novidades que presentaremos na Feira.

Volver a Noticias