Grupos
Enrique Paisal
Enrique Paisal foi un dos fundadores do recoñecido grupo “Los Tamara”, co que tantos éxitos recolleu.
Agora como pianista solista abarca diferentes estilos de música dende boleros, standards americanos, B.S.O e composicións propias; tamén una pequena lembranza das cancións máis coñecidas dos Tamara.
No seu último traballo como solista “MUSICA”, Paisal reencóntrase ca música sen ningún tipo de presión comercial nin ataduras. Un disco composto por unha selección de temas universais de diversos estilos, temas orixinais nos que se pode apreciar o seu grande talento.
En “MÚSICA” rodéase de boas colaboracións: Antonio Vazquez “Tocho”, compañeiro de atril de Los Tamara, Yolanda Vázquez, personaxe popular no panorama audiovisual galego, e Sonia Lebedynski, voz do grupo Fia na Roca colaboran en cinco dos trece temas que compoñen o disco.
Supersandwich
Supersandwich naceu alá polo ano 2003, a banda está formada por dez músicos, unha base de batería, guitarra, baixo e teclado, trío de metais, percusión, voz e coros. Xa contan cun disco editado en 2009 e atópanse traballando nun segundo que verá a luz nos próximos meses.
Supersandwich é unha esencialmente Funky aínda que non ten problema en mesturar durante os seus directos estilos musicais como a rumba, o rock, o hip hop, etc. sempre sen perder a súa esencia e personalidade tan características.
Sen lugar a dúbidas o punto forte e onde máis recoñecemento recibe a banda, é na contundencia e orixinalidade dos seus directos que constrúen a base de traballo e experiencia sobre o escenario.
Dende Xaén ata Barcelona, pasando por Madrid, e chegando a percorrer Galicia polas súas catro esquinas; o recoñecemento do poder musical da banda é unánime, tanto que saíu gañadora dos tres concursos musicais aos que se presentou: Rock La Elipa (Madrid), Mia qué (Xaén) e Nsaio no Camiño (Galicia).
A banda de Balbina
Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega.
Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón que significou este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda Galicia, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos…) levando sempre boa música en galego e moita festa.
As súas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Se hai algo que os define é que cantan e contan historias que son nosas e comúns nas catro provincias de Galicia. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Agora mesmo ten un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina “Estomballada” e outro ven de camiño.
Organic Collective
Na primeira liña do jazz galego, con nomes como Marcos Pin ou Carlos López á cabeza, atópase detrás do proxecto Organic Collective. Grupo de Jazz Groove con dous discos no mercado, “Maybe in other life” e “Groovy Meditation”, unha personalidade que senta as súas bases na mestura de jazz, funk, soul, hip hop y pinceladas de R&B.
No seu disco debut encontramos nove composicións, na maior parte firmadas por Marcos Pin salvo “Blues for Dave”, composta por Juan Galiardo, e “Humphrey’s Mood”, escrita por Carlos López. Despois de presentar este primeiro disco en festivais e salas de Galicia con diferentes formacións, o grupo atopa finalmente a súa alineación definitiva con Juasy Santomé ao contrabaixo e Xosé Miguélez ao saxo.
Con esta última formación de cuarteto, ultiman a gravación do seu próximo disco que será editado a mediados del 2012.
Factor – E – Reset
Once dos músicos máis sobresalientes e reputados da escena jazzística nacional conforman a orquestra de Jazz “Factor-E-Reset” .
A formación nace en Galicia no ano 2010 e nos seus dous anos de existencia souberon facerse un nome dentro do circuíto de músicas orixinais tocando en diversos escenarios dentro do país e colectando importantes éxitos en festivais de renome como son “Imaxinasons” (Festival de Jazz de Vigo) ou o Festival de Jazz de Lugo.
Liderado polo compositor e guitarrista Marcos Pin dan vida a composicións orixinais de este na súa maioría e arranxos compostos especificamente para a formación .
Trompeta, Trombón, Bombardino, Saxo Alto, Tenor e Barítono, Frauta, Vibráfono, Piano, Guitarra, Contrabaixo e Batería son os instrumentos que escoitamos na banda destacando todos e cada un dos seus compoñentes como intérpretes e improvisadores.
No ano 2010 colaboran con a Editorial Barbantia na composición musical do libro CD “As Voces da Musa”. Factor-E-Reset está considerado pola crítica como unha das orquestras máis innovadoras e prometedoras do panorama jazzístico actual asegurando un excelente directo cargado de creatividade e orixinalidade.
O tempo dos xogos
A cantar a Bailar e a rir, que xa chegou o tempo dos xogos
Un proxecto de Gabriel Riveiro e Ramón Raíndo
Como Mestres da escola de música de Boiro, e despois de dez anos de experiencia cos nenos, decidimos crear un repertorio para pequenos no que os nosos alumnos se sentisen partícipes na súa creación. O resultado é enriquecedor e involucra a un montón de nenos da nosa comunidade educativa, aos alumnos da escola de música, a todos os ceips do noso concello e a un montón de colaboradores e amigos como Sonia lebedinsky, Javier Facal, Silvia Cerneira da Banda da Balbina, Jose Luís Miranda, Fernando DoCampo, Ketty Paisal, etc
Un disco que acaba de saír e que está íntegramente feito en Boiro.
Posteriormente presentarase como concerto didáctico a trío e incluirá unha proposta didáctica para traballar na aula previo ao concerto.
Un inverno sen choiva non é un inverno noso, os nenos sempre xogan, pero mellor aproveitan o tempo dos xogos.
No concerto preséntanse os instrumentos cos que se interpretarán as pezas, cada peza varía a instrumentación. A través da música e das cancións, tentamos que os nenos experimenten esa sensación que teñen cando saen a xogar. O tempo dos xogos é ese tempo que comeza cos primeiros raios da primaveira e que ven acompañado de alegría, tempo no que os nenos por fín poden compartir experiencias e aprender en grupo.
Manolo Gutiérrez
Este proxecto é unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras
estéticas.
O son do grupo está baseado en composicións orixinais, e na procura dun espazo sonoro común
no que poidan convivir as propostas musicais dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual
para conseguir un son conxunto, ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade,
poñéndoas ao servizo da causa común, cunha visión extensa do feito musical libre de ataduras e clichés.
Ten un disco editado: Illa Dá Lúa, con Tom Warburton no contrabaixo, e Dani Domínguez na batería. Tras
un descanso para atender outros proxectos, está de novo en marcha, esta vez con Iago Fernández na
batería, e coa preparación dun novo disco entre mans.