Enrique Paisal actuará o 1 de decembro no Culturgal

Ás 13:00, no patio da Casa da Cultura Galega, Enrique Paisal, Tocho e Iolanda Vázquez faranos desfrutar unha vez máis cas cancións recollidas no seu último traballo “Música”.

Invitámosvos a todos ao Pazo da Cultura de Pontevedra e así poder compartir con nós desta actuación ao tempo que coñecedes as novidades que presentaremos na Feira.

Sonaxe estará no Patio do Culturgal os vindeiros 30 de novembro, 1 e 2 de decembro.

Un ano máis xa está aquí o Culturgal, e este ano Sonxase, Sociedade Cooperativa Galega non vai faltar.

O Pazo da Cultura de Pontevedra volve a converterse na casa da Cultura Galega e nesta ocasión Sonxe estaremos no patio prestándovos o noso proxecto e as nosas novidades para este nadal.

V Curso de Jazz e improvisación

A escola de música de Boiro vai levar a cabo a V edición do curso de Jazz e improvisación da man do grande saxfonista e un grande intérprete de Jazz como é Thanos Athanasopulos.
A actividade terá lugar o vindeiro 20 de outubro no CS de Boiro en quendas de mañá tarde e noite. O prazo de matriculación ábrese hoxe ata o vindeiro 19 de outubro. Podedes formalizar a matrícula na Secretaría da Escola de Música ou no correo xerencia@sonaxe.com.