Groovy Meditation é o novo traballo do cuarteto galego de Jazz Organic Collective. Editado por Sonaxe Records, este novo traballo nace apoiado polo Circuíto “Girando por Salas – GPS”, xa que neste 2012 apoiou este traballo permitíndolle estrealo nunha xira a nivel estatal.
Archivos Mensuales: noviembre 2012
A Escola de Música de Boiro participa na Noite Aberta
A pasada fin de semana a Escola de música de Boiro, que xestiona Sonaxe, S. Coop Galega, participou na Noite Aberta. Esta iniciativa marca o inicio da campaña de Nadal, no noso concello.
Varios combos, dúos de piano e clarinete, unha peza de piano a catro mans e as pandereteiras da Escola mostráronos o traballo que están a realizar.
Enrique Paisal actuará o 1 de decembro no Culturgal
Ás 13:00, no patio da Casa da Cultura Galega, Enrique Paisal, Tocho e Iolanda Vázquez faranos desfrutar unha vez máis cas cancións recollidas no seu último traballo “Música”.
Invitámosvos a todos ao Pazo da Cultura de Pontevedra e así poder compartir con nós desta actuación ao tempo que coñecedes as novidades que presentaremos na Feira.
Sonaxe estará no Patio do Culturgal os vindeiros 30 de novembro, 1 e 2 de decembro.
Un ano máis xa está aquí o Culturgal, e este ano Sonxase, Sociedade Cooperativa Galega non vai faltar.
O Pazo da Cultura de Pontevedra volve a converterse na casa da Cultura Galega e nesta ocasión Sonxe estaremos no patio prestándovos o noso proxecto e as nosas novidades para este nadal.
Propostas de actividades para ANPAS e asociacións
En Sonaxe, Sociedade Cooperativa Galega, pensamos que dende as asociacións se está a dar un achegamento á música de calidade. Queremos por a súa disposición diferentes obradoiros e aulas que colaboren nesta labor de achegamento á música. Aquí tedes o noso catálogo de obradoiros destinado a estas organizacións.